O libro de Michel Onfray, Antimanual de filosofía trata cuestións que estruturan temas básicos dun curso de filosofía. Un manual no que directamente se reivindica a subxectividade do propio autor considerando que a obxectividade non existe. Por iso é moi probable que a subxectividade do lector se active, se vexa provocada e se enfronte á subxectividade do autor. Certamente, o libro contén afirmacións desafiadoras que conducen a unha toma de posición e reflexión persoais.
" Que é o home? ", " Como vivir xuntos? " e " Que podemos saber? " son as tres preguntas entorno ás cales se estrutura o libro. Agora ben, unhas preguntas xerais que conteñen apartados con subpreguntas como por exemplo: " Comestes nunca carne humana? ", " Por que o voso instituto está construído como un cárcere? ", " A policía existe por amargarnos a vida? " "Se tivésedes enganado ao(a) voso(a) noivo(a), diriádesllo? ". Estas preguntas e outras polo estilo, dan pé a falar sobre a natureza, a arte, a técnica, a liberdade, a conciencia, a razón... E a cada resposta, o autor incorpora unha selección de textos sobre o tema tratado.
0 comentarios:
Publicar un comentario