Roca Perich, Maria Merc. Kenitra. Anaya. A partires de 14 anos
Adrià encontra a súa avoa paterna morta no salón da súa casa. A primeira impresión que nos seus quince anos produce este macabro descubrimento transfórmase na esperanza de reencontrarse co seu pai, que abandonou á familia hai unha década. Ao non aparecer no enterro, o mozo sente unha necesidade irrefreable de buscalo, coñecelo e saber por que marchou; uns sentimentos que negou todos estes anos. A súa nai revélalle que o seu pai vive en Kenitra, un porto fluvial de Marrocos, e o mozo viaxará ata alí traballando como axudante de cociña nun buque de carga.
0 comentarios:
Publicar un comentario