La casa de muñecas. Ana Alonso. El árbol de la lectura (Oxford). 2010. Literatura xuvenil en castelán.
A crise obriga a unha familia a ter que pasar as vacacións na casa da avoa, na vila, algo que aos fillos non lles fai ningunha graza. Pero o que parecía que ía ser un verán aburrido convértese, para os dous irmáns, nunha aventura que nunca esquecerán: a avoa baixa do faiado unha antiga casa de bonecos, de cando ela era nena, que se converterá no escenario dun misterio que os pequenos se empeñarán en resolver, e máis dun susto depararalles a súa investigación
0 comentarios:
Publicar un comentario