Xa temos o equipo de colaboradores ao completo. Onte comezaron coa súa labor de axudar na biblioteca e agardamos que segan coa mesma ilusión que ata agora.
29.10.13
28.10.13
Foi unha xornada na que o alumnado tentou celebrar esta festa ao igual que farían nun centro dos EEUU, pasándoo ben e oa mesmo tempo aprendendo doutras culturas. A organización correu a cargo dos departamentos de Inglés, Educación Física e Música e coa colaboración da Biblioteca do centro. Aquí tedes algunha instantanea da actividade.
25.10.13
- 11:55
- Alfonso Fernández
- Contos, Terror
- Comenta
El gato negro y otros cuentos de horror de Edgard Allan Poe
Nos contos de Edgar Allan Poe, o espanto e o horror que atenazan ao lector con frecuencia é o resultado dunha exploración psicolóxica do subconsciente, da indagación nos recantos máis escuros da mente humana: dela proceden as imaxes delirantes que inducen ao asasinato aos protagonistas dalgúns relatos, e nela incúbanse os insáns desexos de vinganza que culminan en crimes atroces. Pero se loucura e cordura se dan a man neses contos, noutros o horror é provocado pola razón ou a pseudociencia.
24.10.13
23.10.13
22.10.13
O luns comezou o mercadiño de libros con bastante boa acollida por parte do alumnado que xa fixo as súas primeiras "transaccións". Lembrarvos que estaremos toda a semana e que aínda estades a tempo de traer novos libros e de ir buscar o que vos está a agardar, non tardedes porque xa hai quen lle botou o ollo e podedes quedar sen el.
Tivemos a visita de Televinte que nos axuda a promocionar esta iniciativa espallándoa por toda a comarca. Aquí tedes a nova.
Tivemos a visita de Televinte que nos axuda a promocionar esta iniciativa espallándoa por toda a comarca. Aquí tedes a nova.
21.10.13
As vidas de Nito
Xabier Paz (Autor)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por África converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da Coca-Cola até a traizón da Transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de Nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade... Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de Papá Noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador. As vidas de Nito é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora.
16.10.13
Mil cousas
poden
pasar.
Libro I
Jacobo Fernández Serrano
INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 9 anos en diante
Premio Merlín de Literatura Infantil, 2009
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou “que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.”
15.10.13
14.10.13
A biblioteca do I.E.S. Lama das Quendas, en colaboración co club de lectura "A Quenda do libro", promove un
Mercadiño de libros que servirá para
conmemorar o Día Internacional das
Bibliotecas Escolares e , ao tempo, favorecerá a convivencia e a solidariedade entre as diferentes persoas
que conforman a comunidade escolar e o gusto polos libros.
A
actividade que terá lugar na semana do 21 ao 25 de outubro ,consiste no
seguinte: ata o día 21 de outubro, tanto o alumnado como o profesorado ou
calquera outra persoa relacionada con
este centro educativo irá achegando libros que xa non utilicen (en galego ,
castelán, inglés, francés ou portugués),preferentemente que sexan dos
prescritos nas diferentes materias impartidas no Instituto. Precisamos,
ademais, que estean en bo estado.
Os libros
poden doarse ou emprestarse. No caso de facer un préstamo o libro volverá ao
seu dono ao remate do curso escolar.
O
alumnado recibirá un vale por cada obra entregada. Poderá utilizar o
seu vale para mercar ou levar en préstamo
tantas obras coma vales teña.
No caso dos
adultos, as doazóns serán totalmente desinteresadas.
O Mercadiño
celebrarase , durante os días sinalados, na hora do recreo no que alumnado do
Club de Lectura atenderá o lugar de venda/troco/préstamo de libros, acompañados
por un profesor/a.
O prezo dos libros en venda é simbólico e será o mesmo para todos, dous
euros ou un vale de compra, no caso dos
estudantes que doaron libros.
O diñeiro
recadado axudará a financiar as
actividades do propio club de Lectura e da Biblioteca.
Dende a
Biblioteca do Lama das Quendas á que pertence o noso Club de Lectura,
animámosvos a participar neste mercado, tanto doando libros como mercándoos ou
emprestándoos.
11.10.13
‘As crónicas de Landereina’, de Sabela González. Editorial Galaxia. (2013)
Xa temos a primeira entrega da triloxía "As crónicas de Landereina" que se titula Bágoa de Lúa.
O reino de Landereina está en perigo. O exército escuro dos Kaihunn quere facerse coa poderosa Pedra de Lúa que lle dará o poder. Durante corenta anos Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereina, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinastía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn está a avanzar polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa. E, con ela, co poder sobre Landereina.
10.10.13
O vindeiro martes día 15 de outubro na aula multimedia teremos unha xuntanza de todo o alumnado colaborador da biblioteca. Se estas interesado non dubides en acudir a este encontro no que se vos explicará en que consiste esta iniciativa que pretendemos poñer en marcha este ano na biblioteca. Ven e colabora!
9.10.13
Faneca Brava
Manuel Portas Fernández (Autor)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres –se cadra non, seguro–, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá. A historia da Faneca Brava non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, pero é tan real e intrigante que enche ao lector ou lectora do desexo de pescudar toda a verdade sobre esa «ovella negra» dunha familia que a fixo desaparecer da súa existencia
4.10.13
Endogamia 0.2
Ramón Caride
Manuel Busto (Ilustrador)
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO (2013)
Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico. Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados que intentan protexerse dos efectos do escape radioactivo. Des que Gustavo foi diagnosticado de «deterioración neuronal progresiva», a súa dona, Carme, e o resto da súa familia viven en vilo. U-los remedios contra o mal de Alzheimer? Como xa fixera en Exogamia 0.3, Ramón Caride reúne relatos, non estritamente literarios, sobre problemas decisivos para a humanidade ante os que ninguén pode quedar alleo: a violencia sobre as mulleres, a enerxía nuclear, a doenza do Alzheimer e a investigación médico-farmacéutica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)