A biblioteca do I.E.S. Lama das Quendas, en colaboración co club de lectura "A Quenda do libro", promove un
Mercadiño de libros que servirá para
conmemorar o Día Internacional das
Bibliotecas Escolares e , ao tempo, favorecerá a convivencia e a solidariedade entre as diferentes persoas
que conforman a comunidade escolar e o gusto polos libros.
A
actividade que terá lugar na semana do 21 ao 25 de outubro ,consiste no
seguinte: ata o día 21 de outubro, tanto o alumnado como o profesorado ou
calquera outra persoa relacionada con
este centro educativo irá achegando libros que xa non utilicen (en galego ,
castelán, inglés, francés ou portugués),preferentemente que sexan dos
prescritos nas diferentes materias impartidas no Instituto. Precisamos,
ademais, que estean en bo estado.
Os libros
poden doarse ou emprestarse. No caso de facer un préstamo o libro volverá ao
seu dono ao remate do curso escolar.
O
alumnado recibirá un vale por cada obra entregada. Poderá utilizar o
seu vale para mercar ou levar en préstamo
tantas obras coma vales teña.
No caso dos
adultos, as doazóns serán totalmente desinteresadas.
O Mercadiño
celebrarase , durante os días sinalados, na hora do recreo no que alumnado do
Club de Lectura atenderá o lugar de venda/troco/préstamo de libros, acompañados
por un profesor/a.
O prezo dos libros en venda é simbólico e será o mesmo para todos, dous
euros ou un vale de compra, no caso dos
estudantes que doaron libros.
O diñeiro
recadado axudará a financiar as
actividades do propio club de Lectura e da Biblioteca.
Dende a
Biblioteca do Lama das Quendas á que pertence o noso Club de Lectura,
animámosvos a participar neste mercado, tanto doando libros como mercándoos ou
emprestándoos.
Unha idea moi interesante e moi ben organizada,
ResponderEliminar