Dende a Biblioteca e coa colaboración de Axenda 21 poñemos un novo concurso en marcha. A finalidade deste concurso é a de escoller a portada máis atractiva de entre os libros da nosa biblioteca e a de fomentar a súa utilización. Dende aquí animámosvos a participar.
A MELLOR PORTADA
DA NOSA BIBLIOTECA
Na busca da portada do libro máis
atractiva.
BASES:
1.-Poderá
participar todo o alumnado do I.E.S. Lama das Quendas.
2.-Inscrición
O/a delegado/a de cada curso que
queira participar cubrirá na Biblioteca do centro , en horario de recreo,a
ficha de inscrición que lle entregará o/a
profesor/a de garda na mesma.
O prazo de inscrición será do 10 ao
14 de marzo.
3.-Fases
O concurso consta de 3 fases:
1ª FASE: Desenvolverase nas dúas semanas que van do 17
ao 28 de marzo.
Durante ese tempo , o alumnado de
cada aula participante, baixo a coordinación do titor/a , escollerán a portada
do libro que lles resulte máis atraínte na nosa biblioteca.
Na aula someterán a votación as propostas e as 3 portadas máis votadas
serán as que representen á aula.
Os alumnos /as que propuxeran esas
tres portadas representativas redactarán
unha breve argumentación en defensa da “súa portada”.Este texto será tido en
conta polo Equipo da Biblioteca para decidir o gañador/a en caso de empate.
Antes do 29 de marzo os delegados/as levarán ,durante
os recreos , o listado cos
títulos dos libros cuxa portada foi elixida xunto co número de rexistro dos
mesmos .
Recollidas as 3 mellores portadas de cada aula
procederase á
2ª FASE:
Transcorrerá entre o 31 de marzo
e o 4 de abril.
Das portadas elixidas na 1º fase procederase á
votación en cada Aula para escoller as 5 mellores portadas.
Cada alumno poderá votar por unha das que lle presentan e así
obterase unha clasificación en cada aula. Esta lista dos máis votados por aula
deberá ser entregada na Biblioteca antes do 5 de abril polo delegado de cada
clase.
Posteriormente computaranse os diferentes resultados
das distintas aulas e así conseguiremos reducir a lista as 5 portadas máis votadas.
3ª FASE: desenvolverase entre o 7 e 11 de abril.
Entre estas 5 portadas máis votadas
farase a derradeira votación que terá
lugar na biblioteca .
O alumnado que desexe votar
recollerá a papeleta de votación na
Biblioteca do IES durante os
recreos e depositaraa na furna destinada
a tal efecto.
A
votación pecharase ás 11:45 h do venres, 11 de abril de 2014.
O
alumno/a que tivera o bo gusto estético de propoñer a portada gañadora será
obsequiado con un libro ou cómic e con
un caderno da biblioteca .
A entrega do premio realizarase o 24 de abril de 2014, na
Biblioteca do IES Lama das Quendas para conmemorar a data do Día do Libro.
AULA MÁIS SOSTIBEL.:a
participación neste concurso, ademais , puntúa para a Aula
+ Sostíbel do seguinte xeito:
1º clasificado: 100 puntos para a Aula +
Sostíbel
2º
clasificado: 75 puntos para a Aula + Sostíbel
3º clasificado: 50 puntos para a Aula + Sostíbel
Cada
Aula que participe obterá 20 puntos para
Aula + Sostíbel
0 comentarios:
Publicar un comentario