30.9.14
Hoxe celebrouse a primeira xuntanza do alumnado de 1º e 2º de ESO para formar parte do club de lectura. Sobre un total de 99 alumnos o 75% acudiu a esta xuntanza do Club de Lectura "A Quenda do Libro" o que nos garante a formación de catro grupos que sumado a un grupo de 1º de BAC, que funcionará por primeira vez, suman cinco. Queda aínda pendente a reunión cos cursos de 3º e 4º de ESO, que se fará este venres, e que agardamos sexa tamén numerosa e nos permita formar máis grupos co que esperamos contar para este ano con máis de 100 membros so no apartado de alumnado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario