Silencio de Fran Alonso Xerais.(2014)
INFANTIL E
XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Un xornalista galego
duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo.
Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha
situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio.
A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de
suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos
unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano. Con esta novela
descubrimos o arrepío que habita no ser humano contemporáneo con só rañar uns
centímetros na cotra do cotián, na nosa vida doméstica. Coa súa capacidade
habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo
directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o
respiro.(Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario