As palabras poden matar de Marcos Calveiro (2015) Fora de xogo-Xerais
Na colonia Seavia,
situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de
trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están
todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos
agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de
todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden
ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun
pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas
calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas
mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio
sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non
miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.(Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario