A neve interminable de Agustín Fernández Paz (2015) Xerais
INFANTIL E
XUVENIL-FÓRA DE XOGO
Un equipo de guionistas
–tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha
futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para
concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da
Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais
outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que
semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído
eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da
serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un
medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha
novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos
esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial
deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte
anos despois dialoga con Cartas de inverno. (xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario