Dragal IV-A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad (2015) Fóra de xogo-Xerais.
Coma o anxo expulsado do
paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal. A
aparición de pequenas escamas é só o principio da mutación que experimentan os
membros da Fraternidade. Desaparecido don Xurxo, chega un novo párroco, don
Miguel, cuxa misión será impedir o regreso dunha estirpe maldita capaz de
destruír o mundo. Nas páxinas do Codex Dragalianus, gardado na reitoral, accede
aos segredos da Fraternidade. Todo está recollido no manuscrito máxico. Na
noite do solsticio de verán os cabaleiros do dragón poderían apropiarse das
forzas sobrenaturais do universo. Mentres o derrubamento parcial da igrexa de
San Pedro descobre un pasadizo secreto, os dragalianos atopan un misterioso
libro.Que relación ten este achado coa fórmula maxistral que experimenta
Cortiñas no seu laboratorio? Dragal IV, A estirpe do dragón abre unha nova
xeira na apaixonante serie protagonizada polo dragón galego. (Xerais).
0 comentarios:
Publicar un comentario