Hai que matalos a todos de Héctor Carré (2015) Narrativa- Xerais.
EDICIÓN
LITERARIA>NARRATIVA
Nunha noite de marcha,
Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho.
O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden
vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia
do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusión. Xaora,
uns xornalistas tratan de dar a coñecer a verdade do sucedido, mais para
conseguilo terán que arriscar moito, xa que nas catacumbas do poder algúns
pensan que para impedir o escándalo e a crise política hai que matalos a todos.
Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de
suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identidade e
o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. Unha novela de acción trepidante
e de lectura engaiolante coa que Héctor Carré se incorpora ao xénero negro. (Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario