Conduce rápido de Diego Ameixeiras (2014) Xerais-Narrativa
Premio Losada Diéguez
(Creación Literaria) 2015
Tras fuxir mangada coa
cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a unha parella de turistas, Erika
caeu a rolos polas escaleiras de Praterías e procurou sandar as súas feridas na
casa dunha amiga. Samuel, o seu irmán, co que convive nun piso do barrio de
Vite, procura nas rúas compostelás unha oportunidade definitiva que os saque de
vez daquela merda de vida. A aparición dun paquete levará a que as vidas dos
irmáns se crucen coas de Ventura, un mozo que fachendea de dedicarse a
resolverlle problemas á xente, tanto os sinxelos coma os complicados, apenas un
eufemismo para agochar que forma parte dunha banda dedicada ao branqueo e
préstamo de cartos. Na liña de novelas anteriores como Dime algo sucio,
Historias de Oregón, Todo OK, e Matarte lentamente, Ameixeiras profundiza en
Conduce rápido na súa liña de modernización radical do xénero negro, baseada na
brevidade, dosificación da información, tramas cruzadas e máxima economía
expresiva. Coa precisión dun cirurxián ofrece un extraordinario retrato de vidas
precarias que deambulan polo decorado da Compostela de hoxe.
0 comentarios:
Publicar un comentario