Once portas de Héctor Cajaraville. Narrativa-Xerais. (2017)
Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016
O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle
achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva.
Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes
proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará
a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo
relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo
que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza
permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio
no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro
sentido."Once portas" é unha novela a cabalo entre o histórico e o
fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia
compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis
universais. (Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario