Fin de festa de Diana Varela Puñal. Narrativa-Laiovento. (2017)
Que será daqueles que non poderán deixar constancia de si? Se do que non se fala non existe, quen “existe”? Nunha época na que unicamente se valora o éxito a calquera prezo, na que futbolistas e modelos se erixiron en exemplos a seguir, esta novela é unha homenaxe ós feos, ós perdedores, ós desposuídos.
Instalados no reverso, no underground, solitarios, bebedores e vagabundos rúan como retratos de sombras polas páxinas de Fin de Festa.
0 comentarios:
Publicar un comentario