21.3.23
16.3.23
Os pasados días 23 e 24 de febreiro, no tempo de lecer, tivemos cadanseu recital con poemas de Rosalía de Castro, no que alumnado de ESO e Bacharelato, xunto con profesorado do Lama das Quendas, participou nesta actividade que se está a facer imprescindíbel no noso calendario anual.
Grazas a todas as persoas participantes!
A foto, de María de la Paz Carballo (mil grazas companheira!).
14.3.23
- 09:22
- Música Na Lama
- actividades, cinema
- Comenta
O pasado venres 3 de marzo tivemos unha fantástica actividade con Andrea Franco en colaboración con Os Casares sobre xeitos experimentais de abordar o mundo audiovisual, e todo elo cunha viaxe a través da historia do cinema. Mil grazas polo teu saber!
8.3.23
6.3.23
O pasado venres 3 de marzo tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2023)" na Biblioteca.
No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Vanessa González Jorge (1º premio) e a Nerea Vázquez Mirás e Xacia Vázquez Suárez quen compartiron o 2º premio. Parabéns!!!
E mil grazas a todas as demais persoas participantes!
Organizaron Biblioquendas e Dinamización Lingüística.
Colaboraron Edicións Fervenza e a Cafetaría do centro.
2.3.23
Rosalía pasou ao imaxinario colectivo como unha especie de beata sufridora que, enferma nun mundo salvaxe e de opresión, escribíalle á súa amada Galicia. Así se forxou unha iconografía de animaliño dorido e perdido, morriñento, que non fai máis que laiarse e chorar. Certo é que na súa vida houbo mágoa e soidades, morte e enfermidade, pero tamén ledicia e risas. Rosalía foi unha muller forte, unha muller con carácter e personalidade forxada polos avatares da súa propia existencia, un binomio entre a rapaza criada na aldea, no rural, na clandestinidade como “filla do cura”; e a adolescente fidalga que se instrúe e se move coa intelectualidade compostelá da época.
Hace años que el interés por entender la vida, sus orígenes y su evolución resuena en la cabeza de Juan José Millás, de manera que se dispuso a conocer, junto a uno de los mayores especialistas de este país en la materia, Juan Luis Arsuaga, por qué somos como somos y qué nos ha llevado hasta donde estamos. La sabiduría del paleontólogo se combina en este libro con el ingenio y la mirada personal y sorprendente que tiene el escritor sobre la realidad. Porque Millás es un neandertal (o eso dice), y Arsuaga, a sus ojos, un sapiens.
Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría. López Silva proponnos nesta súa obra máis persoal un relato emocionado co que persegue volver os feitos históricos á realidade diaria das persoas que os protagonizaron sen sabelo, para expresar así a dor real dos dilemas éticos e a necesidade certa de seguir vivindo malia a guerra, a ditadura e a represión. Estamos, por iso, diante dunha deliciosa alegación antifascista escrita desde as tripas do propio fascismo e construído para proxectarse sobre o presente a modo de reflexión, ou quizais aviso.
Unha historia de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións que desemboca no achado máis transcendental: o que nos dá as claves para descubrirnos a nós mesmos.
David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns que o levan a prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata daquela tivera contacto, un misterio arredor da «casa de Formoso» que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que aflora de súpeto do xeito máis imprevisible.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)