Rosalía pasou ao imaxinario colectivo como unha especie de beata sufridora que, enferma nun mundo salvaxe e de opresión, escribíalle á súa amada Galicia. Así se forxou unha iconografía de animaliño dorido e perdido, morriñento, que non fai máis que laiarse e chorar. Certo é que na súa vida houbo mágoa e soidades, morte e enfermidade, pero tamén ledicia e risas. Rosalía foi unha muller forte, unha muller con carácter e personalidade forxada polos avatares da súa propia existencia, un binomio entre a rapaza criada na aldea, no rural, na clandestinidade como “filla do cura”; e a adolescente fidalga que se instrúe e se move coa intelectualidade compostelá da época.
0 comentarios:
Publicar un comentario