Nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. Ambos os asuntos -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso no que a violencia de xénero, a explotación sexual, a man de obra inmigrante e os escuros intereses inmobiliarios se mesturan con personaxes sinistros, coas mans emporcadas de sangue.
0 comentarios:
Publicar un comentario