Vieiros, subtitulada como “Revista do Padroado da Cultura Galega de México”, é unha revista galega, cultural e literaria, creada México en 1959 no seo do Padroado da Cultura Galega a través da iniciativa dun grupo de galegos exiliados e comprometidos con esta institución. O seu propósito era recoller nas súas páxinas “calquera idea literaria artística e filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura”, creando unha publicación galega de calidade no exilio e servindo de ponte entre exiliados e galegos en España.
En 1989 Edicións A Nosa Terra publicou esta edición facsimilar prologada por Margarita Ledo Andión.
0 comentarios:
Publicar un comentario