Era o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario