Durante o primeiro terzo do século XX, as terras de Chantada foron escenario dunha mobilización social de de masas protagonizada polo campesiñado, articulada nunha numerosa rede de sociedade e sindicatos agrarios creados no ámbito parroquial. O agrarismo, denominación xeral do fenómeno social, artellou a mobilización das bases da sociedade agraria na defensa dos seus interese priorizando o obxectivo de abater o sistema foral e de conquista a propiedade plena da terra.
15.1.26
Unha das maiores peculiaridades da paisaxe galega é a integración dos hórreos como un elemento frecuente. Adoitan situarse a carón do conxunto das casas e dos alpendres destinados a gardar os apeiros de labor. A dispersión poboacional característica de Galicia, cun elevado número de pequenos núcleos rurais, fai que este celeiros teñan aquí un papel aínda máis destacado.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







