Unha das maiores peculiaridades da paisaxe galega é a integración dos hórreos como un elemento frecuente. Adoitan situarse a carón do conxunto das casas e dos alpendres destinados a gardar os apeiros de labor. A dispersión poboacional característica de Galicia, cun elevado número de pequenos núcleos rurais, fai que este celeiros teñan aquí un papel aínda máis destacado.



0 comentarios:
Publicar un comentario