28.9.11
Xa se están ultimando os preparativos para o intercambio co Hjørring Gymnasium de Dinamarca que se levará a cabo entre os días 2 ao 12 de outubro. Neste intercambio participarán 20 alumnas e 7 alumnos do instituto danés que virán acompañados por profesorado do centro. Este alumnado ven a coñecer a zona tanto a nivel cultural como económico, polo que se desprazarán pola comarca e tamén aproveitarán a viaxe para coñecer distintos puntos da comunidade autónoma.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario