Xa podes dispor de Pa Negre de Agustí Villaronga, triunfadora dos Goya 2011 con nove galardóns entre eles ao mellor filme 2010 e candidata española aos Oscar. Baseada na novela homónima de Emili Teixidor, conta os duros anos da posguerra en Catalunya, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, atopa un día no monte os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren culpar ao seu pai pero el, para axudarlle, tenta descubrir quen os matou. Neste intento, prodúcese en Andreu o despertar dunha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces y acaba descubrindo ao monstro que habita nel.
Pan negro - Trailer por TrailersyEstrenos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario