El pequeño Nicolás. Lauren Tirard (2009)
Chega "El Pequeño Nicolás", a adaptación ao cine do popular personaxe creado para o teatro por Jean-Jacques Sempé e René Goscinny.
O argumento céntrase en Nicolás, un rapaz cunha vida tranquila, uns pais que lle queren, unha panda de amigos "fenómenos" cos que se divirte moito e non ten ningunha gana de que cambien as cousas.
Non obstante, un día o noso protagonista escoita unha conversación entre os seus pais que lle fai pensar que a súa nai está embarazada. Éntralle o pánico e ponse no peor: pronto chegará un irmán, que ocupará tanto espazo que os seus pais xa non poderán ocuparse del e rematarán mesmo abandonándoo no bosque, como a Pulgarcito.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario