A política, o 15-M, as novas tecnoloxías, Internet e as descargas ilegais, os abusos de poder, as contradicións do capitalismo, a forza e a debilidade da democracia, pero tamén a beleza, a morte, a solidariedade...
Como saber os que pensan os mozos? Preguntándollo. Unha resposta aparentemente sinxela, que esconde unha gran dificultade. Porque hai que saber preguntar, hai que saber poñerse no lugar dos mozos, gañar a súa confianza. Escoitar e á vez aconsellar, opinar, posicionarse... Fernando Savater realizou unha serie de encontros con alumnos novos e respondeu ás inquietudes que lle formulaban.
De aí, saíu este libro, esta ética de urxencia, que nos avisa das inquietudes dos que gobernarán o mundo do mañá. Unha obra que representa o regreso de Fernando Savater ao diálogo cos adolescentes sobre as cuestións morais que máis lles preocupan; o territorio onde obtivo o seu maior éxito editorial: Ética para Amador.
Un libro que recupera a confianza no poder do diálogo para convencer e avanzar. Unha travesía que garda un asombroso parecido coas preocupacións do resto de cidadáns, pero expresadas co entusiasmo, o pulo, a indignación e a urxencia dos que en breve herdarán as responsabilidades do mundo.

0 comentarios:
Publicar un comentario