O día 2 de abril celébrase o día internacional do libro infantil. Aquí tedes o cartaz que para esta ocasión fixo o artista americano
Ashley Bryan e tamén o texto da mexicana
Pat Mora .
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2013
MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco
|
0 comentarios:
Publicar un comentario