"Dime quién soy" de Julia Navarro:
(2010)
Un xornalista recibe unha proposta para investigar a azarosa vida da súa bisavóa, unha muller da que só se sabe que fuxiu de España abandonando o seu marido e o seu fillo pouco antes de que estalase a Guerra Civil. Para rescatala do esquecemento deberá reconstruír a súa historia dende os alicerces, seguindo os pasos da súa biografía e encaixando, unha a unha, todas as pezas do inmenso e extraordinario crebacabezas da súa existencia.
Marcada polos homes que pasaron pola súa vida -o empresario Santiago Carranza, o revolucionario Pierre Comte, o xornalista estadounidense Albert James e o médico militar vinculado ao nazismo Max von Schumann-, a vida de Amelia Garayoa é a dunha muller que aprendeu que na vida non se pode volver sobre o pasado para desfacelo. Dende a España republicana ata a caída do Muro de Berlín, pasando pola Segunda Guerra mundial e os escuros anos da Guerra fría, esta burguesa e revolucionaria, esposa e amante, espía e asasina, actuará sempre de acordo aos seus principios, enfrontándose a todo e cometendo erros que non rematará nunca de pagar.
Memoria dun século convulso, caracterizado pola barbarie dos totalitarismos, esta obra é unha volta de rosca na traxectoria dunha das nosas novelistas máis internacionais. "Dime quién soy" sorprende polo seu dramatismo e instrospección, pola súa intriga e polas súas emocións a flor de pel. Unha aventura desgarradora e cativadora que ten uns personaxes excepcionalmente perfilados e literariamente inesquecibles.
A esperada nova novela de Julia Navarro é o magnífico retrato dos que viviron intensa e apaixonadamente un século turbulento. Ideoloxía e compromiso en estado puro, amores e desamores esgazados, aventura e historia dun século esnaquizado, esta novela non só engaiolará os lectores de Julia Navarro senón que fascinará a todos aqueles interesados na nosa propia historia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario