Momentos antes de que empece a pomposa celebración do seu centésimo aniversario, Allan Karlsson decide que nada diso vai con el. Vestido co seu mellor traxe e unhas pantuflas, empolícase a unha ventá e fóxe da residencia de anciáns na que vive, deixando plantados o alcalde e a prensa local. Sen saber onde ir, encamíñase á estación de autobuses, o único sitio onde é posible pasar desapercibido. Alí, mentres espera a chegada do primeiro autobús, un mozo pídelle que vixíe a súa maleta, coa mala fortuna de que o autobús chega antes de que o mozo regrese e Allan, sen pensalo dúas veces, sobe coa maleta, ignorante de que no interior desta se amorean, santo ceo!, millóns de coroas de dubidosa procedencia. Pero Allan Karlsson non é un avó doado de asustar. Ao longo da súa centenaria vida tivo un montón de experiencias do máis singulares: dende inverosímiles encontros con personaxes como Franco, Stalin ou Churchill, ata amizades comprometedoras como a esposa de Mao, pasando por actividades de alto risco como ser axente da CIA ou axudar a Oppenheimer a crear a bomba atómica. Non obstante, esta vez, na súa enésima aventura, cando cría que coa súa xubilación chegara a tranquilidade, está a punto de poñer todo o país patas arriba.
A edición en castelán desta novela chega precedida dun éxito irresistible en toda Europa. Case dous millóns de exemplares vendidos -dos cales máis dun millón en Suecia, onde foi Libro do Ano e Premio dos Libreiros- e presente nas listas de libros máis vendidos en Italia, Francia e Alemaña, país onde ocupa o posto número un ao día de hoxe, demostran que estamos ante unha rara avis. Jonasson urdiu unha historia extremadamente audaz e enxeñosa, capaz de sorprender constantemente o lector, pero o verdadeiro regalo é o seu personaxe protagonista, Allan Karlsson, un home dun marabilloso sentido común, un avó sen prexuízos que non está disposto a renunciar ao pracer de vivir.
0 comentarios:
Publicar un comentario