Desayuno con partículas de Francesc Miralles, Sonia
Fernández-Vidal:(2013) Plaza&Janés
Un ensaio sobre física cuántica, así é. Un momento, por favor, agarda! Non deixes que iso che asuste e soltes o libro de golpe. Aceptarías un convite a almorzar?Si aceptas esta proposición e te aventuras a navegar entre estas páxinas, descubrirás un universo tan marabilloso como desconcertante. A teoría cuántica é unha das máis belas e asombrosas da ciencia. As regras que segue son tolas en comparación co noso día a día. Son anti-intuitivas. Ao internarnos no mundo cuántico póñense en xaque nosas crenzas sobre a realidade, tamén da nosa realidade cotidiana. Sonia Fernández-Vidal, escritora e doutora en Física Cuántica, e Francesc Miralles, escritor e xornalista, invitannos a un divertido almorzo ao que tamén asistirán Newton, Einstein, Heisenberg e outros famosos físicos da historia. Entre madalenas, donuts, café con leite e zumes de laranxa, emprenderemos unha fascinante e reveladora viaxe ás orixes do universo. Aprenderemos para que serve un acelerador de partículas, que é a partícula de Deus, como as cousas poden estar en dous sitios á vez... e trataremos de comprender os misterios da existencia.
0 comentarios:
Publicar un comentario