La puerta de los tres cerrojos de Sonia Fernández Vidal.
Niko Mir, un rapaz solitario de catorce anos, non se imaxina as consecuencias que lle carrexará non seguir o camiño que cada día percorre para chegar ao instituto. Ao variar a súa ruta, descobre unha casa que nunca antes vira. Atraído polo misterio, internarase nela e verase inmerso nun estraño universo.
Dentro do Mundo Cuántico acontecen cousas sorprendentes, dende unha guerra entre a materia e a antimateria ata as desaparicións do gato de Schrödinger, pasando por un taller de reloxaría onde se pon a proba a relatividade do tempo.
Inmerso nesta aventura inesperada, Niko ten a misión de devolver o equilibrio, agora en perigo, entre o seu mundo e o universo cuántico que acaba de descubrir.
0 comentarios:
Publicar un comentario