Xa dispoñemos do primeiro libro da serie de éxito Apocalipse Z, se che gusta o mundo dos "non mortos "non podes perder a súa lectura.
Apocalipse Z. O comezo da fin de Manel Loureiro. (2013). Urco Editora
Que acontecería se un día ao te ergueres descubrises que a civilización está a se caer en pedazos?Iso é o que lle sucede ao protagonista de Apocalipse Z. O comezo da fin, un avogado que leva unha vida tranquila e rutineira en Pontevedra, até que un escuro incidente nun afastado país do Cáucaso provoca unha epidemia de proporcións devastadoras que ameaza con aniquilar a toda a humanidade da face da terra. A medida que a enfermidade se achega devorando país tras país, o caos comeza a estar presente tamén na Galiza. Urco Editora presenta para o público galego a tradución desta novela de terror zombi, éxito de ventas mundial, que se completará coa publicación das seguintes partes Apocalipse Z. Os días escuros e Apocalipse Z. A ira dos xustos.
0 comentarios:
Publicar un comentario