Premio Castelao 2008 de banda deseñada.
Mensaxes de Mariano Casas. (2009)A obra versa sobre unha parella que, nunha situación límite, pasa as súas últimas horas de vida narrando, coa linguaxe da banda deseñada, o que lle está a suceder, e conforme vai avanzado a historia, "asistimos a sucesivos golpes de efecto narrativo- temáticos e formais- que nos levan fascinado ata as extraordinarias páxinas finais", segundo explicou o voceiro do xurado, Agustín Fernández Paz.O libro, de 60 páxinas, está editado por El Patito Editorial, especializada neste tipo de publicacións. (Galiciahoxe.com)
0 comentarios:
Publicar un comentario