Aquí vos presentamos o premio Castelao de Banda Deseñada do ano 2011.
Titoán de Inacio e Iván Suarez. (2012)
Este traballo foi galardoado co Premio Castelao 2011 da Deputación da Coruña. É o segundo volume publicado polos autores en relación á biografía do artista plástico, escritor e político Afonso D. R. Castelao após O pobre tolo asinado por ambos. En Titoán nárrase o paso entre a mocidade e a madureza de Castelao: Finalizados os seus estudos de medicina, xórdelle un inesperado trato cun veciño de Rianxo que se anoxa cando Castelao se inspira nel para facer un cabezudo das festas. Aquel paisano é quen lle dá título a este álbum de BD. (culturagalega.org)
0 comentarios:
Publicar un comentario