Premio Jules Verne de
Literatura Xuvenil 2015
Aroa, Xacobe, Nico,
Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao
rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das
relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe,
Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que
provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as
dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia
as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s
compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán
aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico
acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares,
personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade
inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A
liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das
constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo
como perdurábel na memoria.
0 comentarios:
Publicar un comentario