EDICIÓN
LITERARIA>POESÍA
3ª Edición - XV Premio de
Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu - Premio da Crítica en Lingua
Galega 2014
Raíz da fenda é un libro
sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e
que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de
perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio:
a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte
dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor. Hai feridas
que botan raíces, e no seu centro atopamos, ás veces, unha poesía de fendas. E
por iso este tamén é un libro sobre a procura da palabra poética como fisura
derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a
nós para modificarnos, para dividirnos, faise difícil volver á casa, recuperar
o que eramos antes.
0 comentarios:
Publicar un comentario