A ferida do vento de Antón Riveiro Coello. E. Galaxia-Literaria. (2016)
En 1978, Antón ten
quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa
emoción de ver a súa primeria moza.
O avó Mauro, unha
persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto
para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón
sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza
para as feridas do amor e da vida.
Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao
non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes
memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a
reprentación exquisita do paso da infancia á adolescencia. (http://editorialgalaxia.gal/)
0 comentarios:
Publicar un comentario