Raiolas de sol de Antonio García Teijeiro. E. Galaxia-Costa Oeste. (2016)
Unha raiola de sol,
por breve que sexa, pode iluminar por completo espazos que quizais permanecían
agochados aos nosos ollos.
Todos e cada un dos
relatos deste novo libro de Antonio García Teijeiro son coma esas raiolas:
alumean vidas, historias, ofrecen pinceladas luminosas sobre parcelas da
realidade que nin imaxinabamos. Unha mestura de personaxes inesquecibles.
Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a cambiar a vida
para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Una das obras máis
delicadas de produción, intensa e tamén chea de luz. (http://editorialgalaxia.gal/)
0 comentarios:
Publicar un comentario