A cadencia da fractura de Isaac Xubín. Poesía-Xerais. (2017)
Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2017
O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da
relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno
nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que
cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo
aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así
como puido reparar nos vencellos entre mobilidade, violencia, linguaxe e
corpo.Todo comeza, tamén aquí, co movemento da morte, da ausencia e da derrota
que prende un lume. A necesidade de determinar e de medir, a procura dun
padrón. O resultado é a consciencia dos límites, dos movementos. (Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario