O Códice esmeralda de Alberte Blanco. Narrativa-Xerais. (2017)
O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe
nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito,
un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as
peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de
Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido
por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das
claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura
sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu
devanceiro, envolta en novos enigmas. Mais ao protagonista asáltano uns
estraños soños simbólicos que se entrelazan coa realidade e cun mundo que
descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa a afondar máis na
investigación. Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en
realidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os levará
a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiño iniciático no que
irá sacando as capas de cebola que ocultan a realidade.Trepidante novela de
intriga, O Códice esmeralda supón un engaiolante achegamento á historia da
batalle de Rande, un dos episodios galegos nos que cómpre afondar. (Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario