Grupo creado no 2020 en Ourense, a formación inicial estaba composta polo guitarrista e cantante Héctor Bello (ex compoñente de Os Parentes), Miguel Ángel Faílde na batería (ex compoñente de En Mala Hora), Manuel Gándara no baixo (ex compoñente de Costa Dorada) e Santi Pardao na guitarra solista (ex compoñente de Costa Dorada). Posteriormente, incorpouse Manolo no saxo (ex compoñente de Gin Tonis). O grupo presenta un repertorio composto por versións dos temas máis agochados de grandes bandas de rock nacional e internacional (Queen, MClan, The Black Crows, Fito y Fitipaldis, etc).
31.5.24
30.5.24
29.5.24
Esta obra recupera os catro títulos que Luísa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable.
Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu.
En este libro sobre Picasso la autora atraviesa las barreras del mito y por primera vez nos brinda una completa visión del pintor y de su magnífica vida. Basada en cinto años de investigación y entrevistas, este libro es el más rico, íntimo y revelador retrato jamás hecho del hombre cuyas ardientes pasiones estaban ligadas a su tendencia a inventar la realidad tanto en su vida como en su arte.
Las Fuerzas de Defensa detienen a Kafka Hibino. El director Shinomiya, conocido como el hombre más poderoso de la historia de las Fuerzas de Defensa y que utiliza el arma creada a partir del segundo Kaiju, lucha contra Kafka. Mientras tanto, Kafka trata de defenderse diciéndole que es "humano", pero en la frenética lucha, el octavo Kaiju toma el control... ¡El juicio comienza en este quinto tomo!
O acontecer ruso continúa acaparando grande parte da atención dos observadores internacionais e da opinión pública. Día a día, sen lóxica aparente, sucédense os chimpos e as intrigas. O caos político e a desfeita económica e social universalizan a confusión e impiden albiscar unha saída clara á actual encrucillada histórica.
Libro sacado ao prelo este ano 2022 pero feito durante a pandemia do Virus COVID19. Nel poderás atopar moitos xogos e actividades para poder facer sen necesidade de grandes espazos e con diversos materiais, moitas veces de refugallo. Nel colaboran, persoas a nivel persoal relacionadas co xogo e diferentes asociacións lúdicas agrupadas todas dentro do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego.
28.5.24
27.5.24
21.5.24
Reserva a túa por 10 euros antes do 23 de maio.
PASOS A SEGUIR:
Envía un correo ao lamanhazorock@gmail.com,
no que inclúas os seguintes datos:
1. Nome de contacto
2. Número de camisetas a reservar
3. Talla das camisetas (S, M, L ou XL)
Recordade que a data límite para encargalas é o 23 de maio.
Prégase compromiso na hora do encargo e do pago destas.
9.5.24
QUEN É QUEN?
Do Día do Libro ao das Letras Galegas 2024
Nas fiestras da nosa biblioteca temos pendurados debuxos de varios personaxes. Mais nin sabemos o seu nome, nin o libro no que aparece, nin a súa autoría. Unha lea!!! Así que precisamos da axuda do alumnado para poder sabelo.
O traballo en equipo e a estratexia é fundamental. Serán capaces de resolver o misterio?
Do Día do Libro ao das Letras Galegas 2024
Nas fiestras da nosa biblioteca temos pendurados debuxos de varios personaxes. Mais nin sabemos o seu nome, nin o libro no que aparece, nin a súa autoría. Unha lea!!! Así que precisamos da axuda do alumnado para poder sabelo.
O traballo en equipo e a estratexia é fundamental. Serán capaces de resolver o misterio?
7.5.24
Bónapárt Ó Cúnasa é o protagonista dunha divertida historia que nos fala dos habitantes de Corca Dorcha, unha pequena aldea situada nalgún lugar remoto do occidente de Irlanda, onde os seus habitantes nunca endexamais haberá ninguén coma eles padecen con resignación as inclemencias meteorolóxicas e as penurias da fame e da miseria. O Vello de Pelo Cano, o seu avó, está sempre ao seu carón para ofrecerlle o seu consello e acompañalo en calquera oportunidade de aliviar as graves consecuencias dun destino que os gaélicos están condenados a padecer e do que non cabe fuxida posible.
“O problema cos roles de xénero é que prescribe como teriamos que ser, no canto de recoñecer como somos. Imaxinade canto máis felices seriamos, canto máis libres de ser quen somos en realidade, se non soportásemos a carga das expectativas de xénero.” Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulleres. Neste libriño, a autora nixeriana ofrece unha definición singular do que significa ser feminista no século XXI, cun estilo claro e directo, sen deixar de lado o humor, ao tempo que dá pistas de como facer deste mundo un lugar máis xusto.
- 09:29
- Música Na Lama
- biografías
- Comenta
Para ser unha mañá de finais do verán en Estocolmo, o 20 de agosto de 2018 vai unha calor incrible na cidade. E segundo se oe na televisión, nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos numerosos incendios en toda Suecia.
Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos comezou a súa folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro #fridaysforfuture da Historia.
Preparádevos para ler unha historia de esperanza, valor e determinación. Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor. Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.
Burundi, 1992. Gaby ten dez anos e pasa o día cos amigos nas rúas de Bujumbura, cos que rouba mangas nos xardíns do barrio, se baña no río e fuma ás agachadas. Pero a súa vida libre de preocupacións é interrompida pola separación dos pais (francés e ruandesa) e pola guerra, que o desposuirá do paraíso da infancia e o obrigará a medrar a marchas forzadas.
Nesta obra, que conta cun manual para o profesor e outro para o alumno, realizase unha análise pormenorizada da historia dos pobos que habitan os Balcáns, así como das causas do conflicto bélico que asola esta zona de Europa dende 1991. Trátase dunha obra que incorpora un gran dinamismo gráfico e abundancia de datos.
- 09:24
- Música Na Lama
- fotografía
- Comenta
Os solpores e amenceres do Grove... as súas mariscadoras recollendo marisco na praia, son os dous temas centrais desta proposta fotográfica do recoñecido fotógrafo Paco Luna. Andaluz agora felizmente xubilado no Grove, a súa terra de acollida, exerceu de mozo como foto-xornalista, colaborando co xornal Sol de España e o Diario Sur de Málaga. Agora, gañado o tempo de lecer, dedica todo o seu tempo á familia e á súa paixón: a fotografía, unha terapia, di, coa que se relaxa e goza de canto o rodea. Coa súa cámara sempre aberta, nos últimos anos foi capaz de captar como ninguén a beleza do Grove, a ría de Arousa e outros puntos da comarca.
6.5.24
1.5.24
- 10:52
- Música Na Lama
- actividades, danza, espazo xove
- Comenta
O pasado venres 26 de abril tivemos un marabilloso obradoiro de danza da man de Paulo Fernández de Kirenia Danza para o alumnado de 1º de Bacharelato no Espazo Xove de Chantada. Un luxo! 🖤
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)