Os solpores e amenceres do Grove... as súas mariscadoras recollendo marisco na praia, son os dous temas centrais desta proposta fotográfica do recoñecido fotógrafo Paco Luna. Andaluz agora felizmente xubilado no Grove, a súa terra de acollida, exerceu de mozo como foto-xornalista, colaborando co xornal Sol de España e o Diario Sur de Málaga. Agora, gañado o tempo de lecer, dedica todo o seu tempo á familia e á súa paixón: a fotografía, unha terapia, di, coa que se relaxa e goza de canto o rodea. Coa súa cámara sempre aberta, nos últimos anos foi capaz de captar como ninguén a beleza do Grove, a ría de Arousa e outros puntos da comarca.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario