Bónapárt Ó Cúnasa é o protagonista dunha divertida historia que nos fala dos habitantes de Corca Dorcha, unha pequena aldea situada nalgún lugar remoto do occidente de Irlanda, onde os seus habitantes nunca endexamais haberá ninguén coma eles padecen con resignación as inclemencias meteorolóxicas e as penurias da fame e da miseria. O Vello de Pelo Cano, o seu avó, está sempre ao seu carón para ofrecerlle o seu consello e acompañalo en calquera oportunidade de aliviar as graves consecuencias dun destino que os gaélicos están condenados a padecer e do que non cabe fuxida posible.
0 comentarios:
Publicar un comentario