4.4.11
Trátase da sexta entrega da serie "Los Hijos de la tierra ". Unha novela que nos introduce no mundo prehistórico a través da emocionante viaxe de Ayla pola Europa cuaternaria.
Nesta serie de novelas Auel achéganos o xeito de vida prehistórico con grande rigor científico adornándoo cunha extraordinaria imaxinación. Preséntanos unha trama na que unha nena cromañón é adoptada por unha tribo neandertal con toda a problemática que isto leva . Como as diferenzas eran tan grandes e ante o perigo que corre comeza o percorrido por toda a Europa cuaternaria na busca dos seus iguais.
Para mergullarte neste fascinante mundo non dubides en vir a biblioteca e poderás ler calquera dos títulos da serie: El clan del oso cavernario , El valle de los caballos , Los cazadores de mamuts, Las llanuras del tránsito, Los refugios de piedra ou a tan agardada La tierra de las cuevas pintadas.
Para máis información:
http://www.loshijosdelatierra.com/
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario