Mirjam Pressler. Chocolate amargo. Anaya, 2009.
Chocolate amargo é a historia dunha adolescente cohibida co seu físico, sufocada por un pai autoritario, afastada dos seus compañeiros de instituto... Os problemas dunha rapaza de quince anos que, como moitas outras, está chea de inseguridades e medos, aos que debe enfrentarse con todas as súas forzas. Encontrarémonos cos pasos que a moza Eva dá na súa aprendizaxe cara á idade adulta, cara ao momento de aceptarse a si mesma como unha persoa con virtudes e defectos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario