Alcolea, Ana. Donde aprenden a volar las gaviotas. Ed. Anaya. Recomendado a partires de 12 anos.
Arturo pasa as súas vacacións de verán en Noruega co seu amigo Erik. A casa na que viven aséntase sobre os alicerces dun campo de concentración nazi da Segunda Guerra Mundial. Un día, mentres cavan un burato no xardín para plantar unha árbore, encontran unha caixa de metal, pechada a cal e canto. A investigación para coñecer o seu contido levará os mozos a unha afastada cabana no medio das montañas, a unha vella casa de pescadores na fría e agreste costa norte de Noruega, e ao pasado misterioso da enigmática avoa de Erik.
0 comentarios:
Publicar un comentario