101 buenas razones para leer. Beatrice Masini. Anaya (2012). Literatura xuvenil en castelán.
Que é un libro? Un obxecto que está feito de papel, tinta e pegamento. Aínda que pode ser moitas máis cousas: un río que te leva, unha nube en movemento, unha ventá a outros mundos.Nun libro pódeste perder, podes mirarte como nun espello, podeste recoñecer. Hai libros que esquecemos deseguida, e libros que sempre levaremos connosco a algunha parte. Cada libro é un comezo, diferente para cada lector. A min gústame, e a ti non che gusta. Para min é perfecto, para ti, inútil. E está ben así. Porque os lectores son diferentes. Cada libro busca o seu lector, e cada lector busca o seu libro. Un lector que se aburre, un lector indeciso ou decepcionado, é un lector que aínda non encontrou o seu libro.
Hai moitas boas razóns para ler: porque é fascinante, porque te remove, porque te leva lonxe, porque... Polo menos hai 101 razóns, e están neste libro.
0 comentarios:
Publicar un comentario