Cometas en el cielo,Khaled Hosseini. Salamandra(2004)
Sobre o pano de fondo dun Afganistán respectuoso das súas ricas tradicións ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intensidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se aveciña un dos períodos máis cruentos que padeceron os milenarios pobos que a habitan.
Con apenas doce anos, Amir proponse gañar a competición anual de papaventos da forma que sexa, mesmo a custa do seu inseparable Hassan, un hazara de clase inferior que foi o seu servente e compañeiro de xogos dende a máis tenra infancia. Así, obsesionado por demostrarlle o seu pai que xa é todo un home, Amir poñerá en perigo unha amizade fraguada ao longo de anos de enfrontarse a todos os perigos imaxinables, e aprenderá unha verdade que lle acompañará o resto da súa vida.
0 comentarios:
Publicar un comentario