Efectos secundarios (Antología poética). Otros espacios, Anaya. Poesía en castelán.
A poesía e os mozos son unha parella indisoluble. O primeiro amor, os primeiros desexos, os xogos e as dúbidas son os temas frecuentes na poesía escrita por adolescentes. Pero faltan referentes próximos para eles, voces novas coas mesmas inquietudes, que usando as mesmas palabras sexan capaces de crear novos discursos próximos e atractivos para o público adolescente.
Así xorde «Outros Espazos», unha colección de poesía para mozos e en concreto o primeiro dos seus títulos: Efectos secundarios, unha antoloxía onde quince escritores nos mostran cos seus poemas unha forma diferente de mirar o próximo. Quince voces frescas, novas, que renovan o discurso poético con atrevidas propostas. Quince poetas entre os que se encontran algúns dos gañadores dos premios máis prestixiosos de poesía, así como voces descoñecidas, aínda inéditas con moitas cousas que achegar ao panorama. En fin, unha antoloxía poética necesaria, un novo espazo que de seguro terá efectos secundarios
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario