Amor en alpargatas de Manuel Portas Fernández (2015) Narrativa-Xerais
Amor en alpargatas non é
unha historia real, aínda que podería selo. Por veces, os personaxes desta
novela presentan reminiscencias biográficas que facilmente resoan na nosa
memoria colectiva recente. En pouco máis de vinte minutos, no medio dun
cemiterio deserto, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense
na particular despedida que lle tributan a Senén, un nacionalista anónimo, un
de tantos bos e xenerosos que padeceron as consecuencias das loitas fratricidas
que ciclicamente sacoden o nacionalismo galego. É nese contexto temporal,
político e emocional no que se desenvolven as historias de amor que percorren a
novela, por forza fragmentarias, obrigatoriamente parciais, mais que no seu
conxunto permiten intuír unha foto fixa, se non real, si realista, dunhas vidas
coas alforxas cargadas de verosimilitude.
0 comentarios:
Publicar un comentario